DENOMINACIÓN DE ORIXE

Valdeorras remata a campaña con 6,5 toneladas de uva recollida

Segundo a demarcación, son 160 mil kilos máis que o ano pasado. Tres de cada catro uvas recollidas en 38 días de vendima uvas son da variedade Godello e Mencía.

A campaña de recollida de uva na bisbarra de Valdeorras pechou este mes despois de 38 días de vendima. Segundo os datos achegados, recolléronse 6.554.798 quilos de uva, o que supón 164.746 quilos máis que en 2014.

As variedades preferentes, Godello e Mencía, incrementaron a súa produción, supoñendo case o 75 por cento do total da vendima con 4.891.263 quilos de uva, segundo informou este sábado a Denominación de Orixe Valdeorras.

O pasado 27 de agosto comezou a campaña de vendima, con máis dunha semana de adianto con respecto a 2014 e 38 días despois pechouse, o 4 de outubro. Durante este tempo, 43 adegas desta denominación realizaron a súa vendima co control de 12 veedores.

Nesta campaña, a variedade preferente Godello incrementou a súa produción en 198.416 quilos con respecto ao ano anterior. Así, se recolleron 2.767.025 quilos de Godello.

Nas tintas, a variedade preferente Mencía tamén aumentou os seus datos, con 233.272 quilos máis esta campaña, quedando 2.124.238 quilos. Ademais, incrementaron as súas cantidades as variedades preferentes Sousón, con 37.048 quilos, e Merenzao, con 6.277 quilos e Tempranillo, con 12.617 quilos.

Pola súa parte, nas variedades autorizadas, a Pombo (Xerez) e Alicante reduciron a súa produción, pasando no caso da branca Pombo de 782.634 do 2014 aos 611.157, en 2015. En Alicante, o ano pasado foron 1.083.938 quilos e agora quedaron en 985.816 quilos.

Te puede interesar