INFRAESTRUTURAS

Xinzo cede á Deputación a estrada que vai a Sarreaus

Foi aprobado por unanimidade no pleno 

A Deputación de Ourense comunicou a través da Comisión Informativa do mes de maio, a cesión ao organismo por parte do Concello de Xinzo da estrada municipal de Xinzo a Vilar de Barrio, con orixe na N-525 e remate na vía provincial OU-1102 en Sarreaus. 

A corporación municipal de Xinzo aprobou en pleno e por unanimidade, a proposta do grupo socialista de cesión do vial ao organismo provincial para o seu mantemento e conservación.

Nos últimos anos e tal e como sinalou o edil de Obras, Manuel Casas, aumentou o tráfico rodado de xeito exponencial no vial, polo que a conservación da capa de rodadura supón un gasto considerable. 

Te puede interesar