FESTA DO CABALO

Cabalos e xinetes xuntaron forzas na cita de Maside

20.08.16.MASIDE.POZO DO LAGO FESTA DO CABALO.
photo_camera Últimas instruccións ós competidores antes de disputar a carreira.

A "Festa do Cabalo" reuniu no Puzo do Lago a centos de afecionados ó mundo equino, que disfrutaron dos torneos e dun xantar popular

A paraxe do Puzo do Lago, situada a dous quilómetros da estrada N-541, no municipio de Maside, converteuse de novo onte en escenario dun dos eventos máis importantes do mundo equino. A "XXIX Festa do Cabalo" atraxo a centos de afecionados nunha calurosa xornada, na que a organización rendeu homenaxe a Luis Barreiro, un dos promotores desta cita anual e que faleceu recentemente.

A primeira hora da mañá xa partían os participantes na ruta técnica, que percorreron coas súas monturas un total de 15 quilómetros polos montes da contorna. De seguido comezaron as probas de trote para cabalos trotóns e de andadura libre, que remataron pasadas as dúas da tarde, hora para o descanso e o xantar. Empanada, pulpo e churrasco integraron o menú preparado baixo carpa e que compartiron os xinetes.

Logo reanudáronse as competicións, coa andadura para cabalos federados, a de modalidade libre para trotóns e, como remate, as probas de relevos. Os organizadores entregaron un total de cinco premios en cada categoría, entre os 200 euros do primeiro clasificado ós 20 euros do quinto.

Te puede interesar