A festa volverá á serra de San Mamede o día 5 de agosto

A presentación do cartel.
photo_camera A presentación do cartel.

Os concellos de Vilar de Barrio, Maceda, Montederramo e Laza uníronse para recuperar a tradicional romaría que, na década dos anos 90 do século pasado, congregaba a centos de personas na contorna da capela que actúa como divisoria dos diferentes concellos. “A serra de San Mamede é territorial e administrativamente competencia de diferentes administracións locais. Estas por separado non contan con medios materiais nin humanos para poder activar todos os seus recursos e que estes podan así funcionar como motores de desenvolvemento local”, subliñaban os catro concellos, quenes están a procura de unir esforzos no marco dun convenio asinado polas catro partes para a dinamización socioeconómica do territorio.

Como primeiro paso está a recuperación da romaría que terá lugar o 5 de agosto dende primeira hora da mañá, podendo ascender camiñando a modo ruta de sendeirismo ou nalgunha das lanzadeiras que se poñerán a disposición por parte da organización. Unha vez no alto, celebrarase un xantar con música e xogos populares. Toda a recaudación irá destinada ao arranxo do propio templo, moi afectado por anos de abandono e polas adversas condicións meteorolóxicas do lugar onde foi erixido. As personas que queiran participar e reservar praza nas diferentes actividades, incluido o propio xantar, deberán contactar co concello de Vilar de Barrio.

Te puede interesar