festival

O Carqueira Rock agarda a máis de 5.000 personas

A cuarta edición do festival de música preséntase con Luar na Lubre, Anxo Lorenzo e Astarot como grupos convidados 

Se unha localidade ourensán como o é a de Souteliño, no Concello de Laza, de non máis de 80 veciños é quen de facer que ata o seu campo da festa se acheguen arredor de 5.000 persoas e unhas cincocentas reserven pase para una cea popular o día anterior na mesma ubicación e baixo carpa, seguro que o cartel de actuacións contén figuras de primeiro nivel e se supera en cada edición. 

A asociación Carqueixa de Souteliño, entidade creada para a promoción da cultura e as actividades no rural galego e responsable de ata o derradeiro detalle da organización, preparou este ano unha oferta lúdica e festiva que non desmerece á anterior. Desta, serán Luar na lubre, Anxo Lorenzo e Astarot os convidados para a tarde noite do 5 de agosto na aldea de Souteliño. O concerto arrancará logo da cea popular -na que as viandas típicas da comarca, como o son a empanada, churrasco, criollos e inexcusable bica da Laza non han de faltar á esgalla- e dunha sesión de contacontos e actividades para os máis cativos, así como obradoiros de danza, percusión e xogos. 

Ao longo destes xa catro anos de historia, pisaron a herba desta aldea figuras como Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Xabier Díaz ou a revolucionaria cantautora Sés.

Te puede interesar