VITICULTURA

Castro Caldelas agasalla ao viño da Ribeira Sacra

<p></p>
photo_camera César Enríquez Cachín, Sara Inés Vega, Anxel Blanco e Carlos Costoya, durante a presentación da Feira.

Recupera unha feira na que estarán 11 adegas desta zona vitivinícola ourensá

Castro Caldelas celebrará a finais de agosto a V Mostra do Viño da Ribeira Sacra Ourensá, un certame que se retoma logo de catro anos, en que se deixou de organizar por motivos económicos. O evento foi presentado onte pola mañá en Ourense, nun acto presidido pola alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, xa que está promovido polo Concello caldelao e a Asociación de Adegueiros e Viticultores da comarca, cuxo presidente, Jorge Feijóo tamén estivo na presentación, xunto co concelleiro de Cultura Anxel Blanco; o autor do cartel da Feira, Carlos Costoya, e o adegueiro César Enríquez Cachín.

A alcaldesa puxo de manifesto que esta é a única feira vitivinícola da Ribera Sacrá ourensá e rinde homenaxe á "viticultura heroica", a un viño que ten o valor engadido de proceder de cepas prantadas en socalcos e traídas ás ribeiras polos romanos. A Mostra desenvolverase os días 27 e 28 de agosto e participarán once adegas, que abarcan desde Ourense a Trives, e se instalarán no castelo de Castro Caldelas. O presentador de televisión, José Manuel Piñeiro inaugurará o evento o día 27, e a clausura, o día 28, correrá a cargo de José Mouriño, ex xefe de Calidade Alimentaria e artífice da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O cartel da mostra é obra do pintor caldelao Carlos Costoya, artista e adegueiro da comarca de Caldelas.

Na praza do Prado da Vila instalarase unha carpa, na que se celebrará un xantar popular os dous días da Feira. Así mesmo, colocarashabilitarase unha gardería, con actividades de ocio e monitores para os mais cativos, o que permitirá aos seus pais disfrutar do certame. Ademáis, no xantar popular poderanse degustar os viños das distintas adegas da zona.

Segundo puxo de manifesto a alcaldesa, Sara Inés Vega, con este certame o Concello pretende potenciar e dar a coñecer os viños da Ribeira Sacra ourensá, que son eixo dun despegue turístico da zona asentado nas ladeiras sobre as que medran as centenarias cepas e no despegue das adegas da zona coa súa excelente producción.

Te puede interesar