Cervexa fría e cadeliño quente en Ribadavia

Xóvenes participantes na festa organizada en Ribadavia. (Foto: Xesús Fariñas)
Dende as oito do serán de onte ata as catro da madrugada de hoxe, a paraxe natural de A Beronza, no municipio de Ribadavia, acolleu a primeira edición da ‘Festa da Cervexa e do Cadeliño Quente’, organizada pola asociación cultural ‘Activa-T’.
Nesta área recreativa ubicada na marxe dereita do río Avia, a nota musical foi posta pola charanga local ‘Sorcha’ e o grupo de animación popular ‘Os Festicultores’, de Allariz, que se encargaron de amenizar dende a noite o ambiente durante o desenrolo do festexo, que contou co patrocinio da Deputación provincial de Ourense e a colaboración do Concello de Ribadavia.

Xogos

A aposta de mesturar a cervexa fría e a tradicional salchicha asada -’perrito’ ou cadeliño quentefoi do agrado dos centos de xóvenes que se achegaron á festa, todo un menú acompañado por patacas fritidas e os típicos aliños de tomate picante e mostaza. Pero ademais, entre prato e prato, houbo tempo para máis actividades, como foi o concurso de bebedores de cervexa a nivel individual, e, xa por equipos tor neos de ‘turrasoga’ (tiro da corda) ou ‘a rá’, ‘co obxectivo de reivindicar os xogos populares da nosa terra’, indicou María Lourdes Pérez, voceira de Activa-T.

Os responsables da organización sinalaron que ‘a pesares de que o 15 de agosto é unha data difícil para levar a cabo unha festa deste tipo, debido a coincidencia coas patronais de localidades de toda a comarca e do resto da provincia, estamos satisfeitos pola afluencia de público’.

Unha nova cita gastronómica que engadir ó almanaque, e que xa anticipa a ‘Festa da Istoria’, que se celebra o día 29 na capital de O Ribeiro.

Te puede interesar