CULTURA

Cine e música para as noites de Vilar de Santos

Os concertos de Nelson Quinteiro e Projeto Berlai completan a oferta musical esta semana na localidade

Dentro da programación de verán do concello limiao de Vilar de Santos, esta noite, e se o tempo acompañá, proxectarase na Praza do Concello, a película "Hotel Transilvanya 2". Esta cita enmárcase dentro dunha serie de noites de cinema de verán que o consistorio vén programando nas últimas semanas.

O filme recolle as aventuras de Drácula e os seus amigos que xestionan un curioso hotel que desta volta abre as súas portas ós humanos. O filme é para todos os públicos e a entrada é de balde. 

Completando a oferta cultural do municipio, a sala A Arca da Noe, ten programados dous concertos para esta semana. Mañá venres 19, o actor, cantareiro, bailarín, artísta de rúa e director de escena Nelson Quinteiro actuará para veciños e visitantes a partires das 22h.
E pasado mañá sábado poderase desfrutar dos harmónicos sons do Projeto Berlai, cuxo concerto dará comezo tamén ás 22h. 

Cómpre lembrar que a entrada a estes dous últimos eventos determinarase conforme á vontade do público asistente ao rematar a actuación, é dicir, "a gorra". 

Te puede interesar