Der Rote Joseph

Der Rote Joseph (Foto: Xoán Baltar)
A cultura non ten a consideración de servicio público indispensable e as catedrais do libro pechan a suas portas durante os tres meses do verán.
A miña nai un día mandoume que dunha vez colocara nos andeis da biblioteca familiar os libros que había polo chan do meu cuarto. Como son un fillo cumpridor cos mandatos da miña nai, comecei a coller os volumes. ‘Arte de ser portugués’. ‘Antoloxía dos sesenta anos’. ‘Os pobres de Deus’. ‘As tres columnas’.

‘Cadernos’. ‘Psicopatoloxía do retorno’. E moitos máis. Pero dos cadernos de Paul Valery saía unha folla dun xornal. Saquena do libro. Era unha carta ao director do xornal La Región do día 22 de xuño de mil novecentos setenta e catro (por certo, o día en que eu nacín) que dicía: ‘Se o hospital estivera aberto só polas mañás durante tres meses, que sucedería? Se a policía traballara só polas mañás durante tres meses, qué sucedería? Se os supermercados e bares estiveran abertos só polas mañás durante tres meses, qué sucedería? Se as fábricas e os traballadores da construcción só traballaran polas mañás durante tres meses, qué sucedería? Se os curas dirán misa só polas mañás durante tres meses, qué sucedería? Se as farmacias estiveran abertas só polas mañás durante tres meses, qué sucedería? Se os bombeiros apagaran só lumes polas mañás durante tres meses, qué sucedería? A Biblioteca Pública de Ourense, nos meses de verán, durante tres meses, só abre polas mañás.

Qué sucede? Nada, a fin do cabo só son libros’.

A carta estaba asinada por un tal Der Rote Joseph.

Te puede interesar