ocio

O Festival de Gaitas "Vila de Xinzo" será o 15 e 16 de Xullo

O evento contará coa actuación das Bandas "Titular", "B" e "C" da capital da Limia

O Concello de Xinzo en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense celebrará entre os vindeiros días 15 e 16 de xullo a terceira edición do Festival de Gaitas "Vila de Xinzo". O evento contará coa actuación das Bandas "Titular", "B" e "C" da capital da Limia e terá, como agrupacións invitadas, á Banda de Gaitas de Maceda, á Banda de Gaitas Sao Tiago de Cardielos (Viana do Castelo) e á Banda de Gaites L´Alborcer de Castrillón (Asturias). 

O sábado día 15 de xullo haberá pasarrúas por diferentes zonas da vila, a cargo das bandas participantes ás 13,00 horas e ás 20, 00 horas. Ao redor das 22,30 horas terá lugar un desfile conxunto que partirá da praza de San Roque ata a praza Carlos Casares. O Festival arrancará ás 23,00 horas diante da Casa da Cultura. O domingo haberá pasarrúas ás 13,00 horas. 

Te puede interesar