RIBADAVIA

O Foro da MIT impulsa unha Lei Galega de Artes Escénicas

photo_camera Representación da produción italiana La Merda, no auditorio do Castelo dos Sarmiento.

Os profesionais persiguen regular o sistema escénico e garantir a distribución orzamentaria

Representantes do sector profesional das artes escénicas de Galicia, actrices, actores, dramaturgos, compañías, festivais, xornalistas, investigadores, produtores e distribuidores, reunidos no Foro da MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia alcanzaron varios acordos co fin de "dar unha resposta proactiva á crítica situación actual do sector, á inacción política das administracións públicas e á deriva das institucións escénicas existentes, nomeadamente o Centro Dramático Galego e o Centro Coreográfico Galego", sinalan.

Deste xeito, decidiron promover a elaboración dunha proposta de Lei Galega das Artes Escénicas, que sirva para regular o sistema escénico galego e garantir unha redistribución orzamentaria que contribúa a recuperar progresivamente o nivel de investimento perdido nos últimos seis anos.

En segundo lugar, acordaron convocar ao resto de asociacións existentes para participar na elaboración inicial desta proposta: Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Escena Galega, Federación Galega de Teatro Afeccionado, Asociación de Festivais e Asociación de Xestores Culturais.

Ademais, pretenden comprometer o apoio e participación no proceso do tecido cultural, institucións e organizacións cidadáns e políticas. E, finalmente, decidiron fixar a celebración dunha primeira xuntanza pública de todos os axentes e suxeitos implicados no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que terá lugar entre o 1 e o 12 de outubro.

Esas foron as conclusións e propostas concretas que suscriben os profesionais das artes escénicas dentro do marco da MIT, que onte puxo en escea a producción italiana multigalardoada no Festival de Edimburgo, La Merda, un dos platos fortes da programación desta 31 edición. Por outra parte, a actividade paralela ós espectáculos continúa, e tamén se iniciaba un curso de interpretación e dirección dirixido por la compañía chilena La Re-sentida.

Na xornada de hoxe serán protagonistas os premios de texto teatrais Abrente, haberá títeres para os rapaces, e a compañía galega Teatro do Atlántico leva á escea O principio de Arquímedes, ás 23,00 horas no auditorio do castelo, nunha aposta da MIT pola produción galega dentro do ámbito internacional que abarca a programación. Ás 19,00 horas, no salón de actos do Concello de Ribadavia, darase a coñecer a resolución do 10º Premio Abrente de Textos Teatrais.

Te puede interesar