deporte

IX edición da marcha cicloturística do Támega

O vindeiro luns 9 de xullo, dende a Praza García Barbón, arranca ás 9,00 horas a VIII volta cicloturista “O Val do Támega”, homenaxeando nesta ocasión a Gonzalo Rabuñal

O vindeiro luns 9 de xullo, dende a Praza García Barbón, arranca ás 9,00 horas a VIII volta cicloturista “O Val do Támega”, homenaxeando nesta ocasión a Gonzalo Rabuñal, o ciclista coruñés que como profesional co equipo Xacobeo de Galicia en 2007 conseguiu unha merecida octava praza na volta ciclista a España en 2009. En 2002 foi 2º no Campeonato Nacional e en 2004, 1º na primeira etapa da Volta á Montaña Central de Asturias. O proxecto está organizado polo Club Ciclista de Verín en colaboración co Concello de Verín.

A volta será, nesta edición, de dificultade media-alta, cun desnivel de 1.300 metros e constará de 109 quilómetros, que percorren os concellos de Verín, Oímbra, Monterrei, Castrelo do Val, Laza, Vilar de Barrio, Sarreaus e Trasmiras, para rematar no Castelo de Monterrei. 

As tasas de inscrición son de 20€ para as persoas federadas, e 30€ para as non federadas, producíndose este aumento de prezo, debido a licenza para ese día. Coma os anos anteriores, os menos de 20 anos, as persoas cunha discapacidade maior ao 33 por cento e as mulleres non pagan inscrición, agás os 10€ do permiso. 

Entre os servizos que cubre estar anotados, constan, a bolsa do participante, dous avituallamentos, duchas, servicio médico, comida para o corredor e un acompañante, ademáis do personal necesario para unha total seguridade na volta.

A retirada dos dorsais realizarase na Praza García Barbón o sábado 7 de xullo (de 17,00 a 20,00 horas) e o domingo 8 de xullo (de 19,30 a 20,30 horas, inclusive). Para retirar os dorsais será necesario a confirmación da inscrición, xustificante de pago, DNI, e licenza (para os federados).

Te puede interesar