‘Unha nova lareira’

O cativo espazo vital de Artemia no piso dos seus netos na cidade do Ouro quedou reducido á súa habitación, o vater, a cociña, e o radiador-lareira.
Artemia chegou á casa dos seus netos, en Auria, cando xa tiña completado o seu ciclo vital en Camba, terra fría, de longos invernos a carón do lume de torgos.

O seu cativo espazo vital nun piso doce da rúa Cuevillas da cidade de Ouro quedou reducido á súa habitación, pequena, pouco ventilada, o váter, e a cociña, onde pasaba gran parte do día.

Alí, enguruñada, pegábase ó radiador da calefacción, sentada no chan, facendo calceta, e mesmo comía alí. E alí, pasou os derradeiros anos da súa vida.

Porque era o que máis se lle parecía á lareira da casa que deixou en Camba.

Alí permaneceu a maior parte dos días, a carón da lareira-calefacción, ata que un mal vento a enterrou, sete meses despois.

Te puede interesar