Baixo a organización do Concello coa colaboración da Xunta de Galicia, técnicos do departamento autonómico de Medio Ambiente explicáronlles ós participantes as diferentes clases de especies piscícolas
Un grupo composto por máis de 60 rapaces, con idades comprendidas entre os catro e os quince anos, participaron na mañá de onte nunha experiencia de contacto coa natureza que sedesenvolveu na área recreativa do Inquiau, na localidade de Arnoia.
Baixo a organización do Concello coa colaboración da Xunta de Galicia, técnicos do departamento autonómico de Medio Ambiente explicáronlles ós participantes, á beira do río Arnoia, as diferentes clases de especies piscícolas, facilitándolles que puideran coller troitas coas mans, para logo devolvelas ó cauce fluvial.
Tras un descanso, os rapaces poideron coñecer os segredos da pesca con cebo artificial e aprenderon a elaborar moscas sintéticas. Ademais, unha brigada da Brilat realizou unha exhibición de cetrería, e os máis cativos tamén poideron participar en torneos de xogos infantís.