cine

A sección infantil pecha cunha longametraxe na Praza Maior

20170802211149220_result
photo_camera A Banda Escola de Música da Limia durante a actuación do ano pasado no Carballiño.

A Banda Escola de Música da Limia ofrecerá un concerto e un pasarrúas de bandas sonoras

As Xornadas de Cine e Video de Galicia chegan hoxe ao seu penúltimo día, despois de tres xornadas de intensa actividade coa presentación de interesantes libros como o de "Estrela e Eclipse de Mercedes Mariño"; exposicións como "Retratos documentados" ou a de Carlos Casares, e proxeccións de cine e documentais tanto para nenos como para adultos.

 A película de animación “Maimiño e o espello máxico” pechará na noite de hoxe a sección de cine infantil das Xociviga. Esta última proxección terá lugar na Praza Maior, ás 22,30 horas, e forma parte do programa de dinamización lingüística Redecinema. 

Dúas horas antes, ás 20,30 horas, tamén desde a Praza Maior, a Banda Escola de Música da Limia ofrecerá un pasarrúas e un concerto de bandas sonoras de películas.

Trátase de dúas actividades abertas ao público que complementan o programa de películas e documentais que se proxectarán pola tarde e á noite no Auditorio municipal, sede das Xociviga.

Así, na carteleira destaca, sobre todo, a película da Sección Cinema de Noite “Una historia de locos”, de Robert Guédiguian, inspirada no libro autobiográfico do xornalista valdedorrés Xosé Antonio Gurriarán López, “La Bomba”.
Ademáis, tamén se poderá ver, ás 12,00 horas, o documental "Contando a Carlos Casares", de Gonzalo E. Veloso, no que se mostra a riqueza de Carlos Casares, especialmente reparando na súa ourensanía. Veloso considera que o escritor homenaxeado nas Letras Galegas "conforma no rural ourensán a súa identidade". 
Nesta xornada de xoves tamén se proxecta un segundo documental, "Esquece Monelos", de Ángeles Huerta, ás 18,00 horas, e a película "París puede esperar", ás 20,00 horas. 

Te puede interesar