As Xociviga homenaxean ó cine feito por mulleres, no Carballiño

A vila do Arenteiro acollerá dende o 2 ó 6 de agosto as Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia (Xociviga), que na súa vixesimo septima edición terán unha adicación especial ó traballo das mulleres no mundo audiovisual.
O Auditorio municipal, a Casa da Cultura e mesmo a Praza Maior do Carballiño convertiranse en escenarios do programa, no que está prevista a estrea na provincia de ata oito longametraxes, coma é o caso de 'Baaría', de Giuseppe Tornatore, e documentais tales como 'Océanos', de Jacques Perrin.

A gala inaugural do vindeiro luns, ás 21.30 horas, será presentada no Auditorio pola actriz colombiana Camila Bossa, mentres a guionista e directora uruguaia Manane Rodríguez, da que se proxectará un ciclo de películas, recibirá o premio Xociviga de Honra o martes, ás 22.30 horas.

Dentro do medio cento de sesións programadas haberá espazos para o cine infantil e xuvenil, e tamén unha lembranza das funcións das 23.00 horas das Xociviga (Novas imaxes, novas narrativas). A semana do audiovisual complétase co curso 'A muller na encrucillada do audiovisual' da Universidade de Vigo, e tres exposicións fotográficas encol da historia do cine.

Te puede interesar