A Gudiña e Muíños terán comunidades enerxéticas

Zona histórica da Gudiña
photo_camera Zona histórica da Gudiña
A Deputación captou un millón de euros da Unión Europea para este proxecto piloto 

A Deputación de Ourense capta un millón de euros de financiamento europeo para levar a cabo unha comunidade enerxética transfronteiriza que avance cara a independencia enerxética nas localidades da “raia”, concretamente nos municipios de A Gudiña e Muíños.

O obxectivo é facilitar a xeración e o uso de enerxías con alto potencial na zona de actuación -eólica, fotovoltaica e xeotérmica- con accións que estean encamiñadas á determinación dos requisitos e posibilidades a nivel legal, técnico e tecnolóxico, así como establecer as directrices para que as entidades locais poidan implantalas nas súas respectivas instalacións municipais.

Acciones

Entre as actuacións que se levarán a cabo contémplase a posta en marcha de tres experiencias piloto de comunidades enerxéticas con infraestruturas de xeración de enerxía fotovoltaica. Estas comunidades enerxéticas permiten ás persoas que se asocien, ser produtores de enerxías de fontes renovables e, grazas á instalación de sistemas de autoconsumo, poder xestionala e consumila. 

A creación destas comunidades enerxéticas locais suporá unha mellora da calidade de vida da poboación local e permitirá reducir a dependencia dos grandes produtores enerxéticos e acadar unha futura autonomía enerxética. Ademais, aseguran un acceso xusto a fontes de enerxía renovables e permiten reducilos custos enerxéticos das familias e as entidades, avanzando na loita contra a pobreza enerxética, problemática de gran relevancia na situación actual.

O proxecto pretende fomentar a produción e o uso de fontes de enerxía sostibles en rexións galegas e portuguesas, a través dun investimento total de 2.002.015,81 euros

Te puede interesar