OBRADOIRO

Obradoiro de elaboración de xabón artesán

No IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia ofertan a disciplina de FP Básica de Cociña e Restauración

No IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia impártese a disciplina de FP Básica de Cociña e Restauración. Deste xeito o alumnado con dificultades para rematar os seus estudos obrigatorios e co ánimo de aprender unha profesión e continuar así co sistema educativo están a cursar estos estudos que están a resultar todo un éxito xa que ao tempo lles sirven para madurar persoalmente, aprender hábitos de alimentación saudable e non deixar de lado os seus estudos.
 Deste xeito, actualemente. dous cursos deste centro de ensino limián reciben clases de cociña e servizos.
Hoxe mesmo, estes escolares participarán nun interesante obradoiro de elaboración de xabón artesán,  co ánimo de reutilizar aceites usados nas súas clases prácticas de cociña. O fin é coñecer o proceso de recuperación da tradición de facer xabón para o consumo na casa. Miguel Yebra será o encarcado de impartir o obradoiro que promete ser todo un éxito e co que os alumnos do IES Lagoa de Antela pasarán un bo rato aprendendo cousas interesantes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar