Pura e Dora Vázquez

Pura e Dora Vázquez

Volvemos a “Aquel Ourense” 

Dedicado: / A niña irmá Pura. / Os meus fillos Antonio e Abelardo e familia. / A todos os galegos e lectores.

Ourense 2003.

“A Beatriz Santos Rodríguez, as súas amigas lle desexan moi Feliz Nadal e Próspero / Aninovo 2004. / Con bicos e apertas. / Dora Vázquez / Con cariño sempre, Pura Vázquez”.

n n n  Queridas irmáns. Nós nunca vos esquecemos. Sempre nos quixéstedes, sempre!

A ti, Pura, conocinte sendo unha nena. “Posío”, radio, Círculo Azor” con aqueles cultísimos sr. Rius, Ferro Couselo, Alvarado Piñer, Morais, sr. Abella, don Alfonso, Alcaraz Del Río, Pedro Arcas, encantador José L. Varela; aquellas estupendas Sarita Moure, Tilde Iglesias... eu que sei! moitos, se me esquecerán, pero no corazón si estades. Pilarín Monje, Mª Carmen Aláez, don Francisco Vázquez, sr. Amengual, sr. Saura. D. Ramón Puga aguantándonos a todos, na sua Radio Ourense. Gracias!

A miña amiga Chicha recorda moitísimas cousas… Ata cando íbamos a casa de Dora. Pura vivía con ela, na praza das Mercedes, xustiño o pé daquel Colexio Menor Calvo Sotelo. Dábannos a merenda, e falábamos… falábamos… porque sempre fomos empatiquísimas.

Outras xuntanzas culturais, teatro, lecturas, bailes, etc… facíamolas na casa dos Alcaraz del Río. Unha casa, cunha galería longuísima, situada nunha prazoleta, preto da eirexa da Trinidad. 

Unha esquina daba para a rúa da Libertade, pegada a aquel colexio famoso: Sueiro, despois María Goretti, que tivo de directora a Guadalupe P. Quintana, máis coñecida por Lupita. Noraboa Lupita! pois diches moita marcha, en todolos eídos, o ensino. Moi boa profesional.

Volvamos a casa Alcaraz del Río… Empezando pola nai, que era unha señora encantadora, colaboradora e aguantadora, Encarnita. Filla, mestra, que se facía querer María Esther, coñecida por todo Ourense; Miguel, gran persoa, e Alfonso, o máis artista. Daba gusto con el. Toda esta boa e culta xente é digna de recordo.

E voltamos as irmáns Dora e Pura. Pura, canto chorei cando marchaches pra Venezuela. Cando voltaches penso que xa eu era mestra, ou estaba a punto de selo.

Chicha: Xa non me digas máis, que non o van publicar!

Pois somos as que máis sabemos delas polo que se ve, digo eu.

Corramos todos

a foliada

nosa morada

noso amoriño

Doce prendiña

do corazón!

e entre os aturuxos

e os alalás

a Xesús gloria

e os homes Paz

Dora e Pura colaboraron en varios periódicos, en La Región, como no!

Sempre na lembranza garimosa,

Por Agustín Perlanes (Pereiro de Aguiar) el
15/10/2019 22:27 h.