Imprimir

Bolboretiña do día: oxalá ou ogallá?

Afonso Vázquez-Monxardín | 13 de septiembre de 2020

Curioso. Para desexar que algo suceda, invocamos, normalmente, ó deus dos mouros -pola cor da pel-, mahometanos -por Mahoma, o seu profeta-, ou musulmáns ou islamitas -ambas polo do nome da relixión, Islam, que significa “os sometidos á vontade de deus”-. E si, a palabra “ojalá” do castelán e a “oxalá” do portugués veñen dunha clarísima raíz árabe, de cando andaban pola Península e querían que algo sucedese. 

Daquela pronunciarían algo parecido a “Oxalá” e significaría “Quéirao Alá” ou polo noso galego acastrapado, “Dio-lo quiera”. E ben, a forma orixinal de onde proceden a das linguas do occidente da península, foi ese “oxalá”. En castelán, o x pasou a j como tantas veces, “ojalá”, e en portugués mantense a forma orixinal “oxalá”. A RAG recomenda usar en galego tamén “oxalá”. 

Pero a min, gústamelles máis outra forma moito máis popular pola nosa zona, que tamén vén no dicionario: ogallá. Non sei porque lle din “forma menos recomendable”. En calquera caso, ogallá -ás veces mesmo con gheada, “ojallá”- é forma máis viva e moito máis popular, para min. E a min gústame máis e recoméndoa. Tamén poden dicir “oxalá” pero é menos enxebre.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/cultura/bolboretina-do-dia-oxala-ogalla/20200913102223972016.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons