Imprimir

A bolboretiña do día | Palabras e ditos

Afonso Vázquez-Monxardín | 17 de octubre de 2020

A lingua fórmana as palabras articuladas en frases. E algunhas desas frases fosilízanse e convértense en ditos que todos os falantes entenden. Por exemplo, se eu pregunto: “Hai moito que o sabes?”, e o interlocutor contesta: “Xa choveu”, eu e vostede entendemos. Igual que se digo que lle dixen a alguén: “Pasa para casa!, e el, como quen oe chover”. E non teño tan claro que desde fóra do galego -e dese castelán agalegado de Galicia- se entendese. Desde logo. 

Eses xiros propios dunha lingua, esas construcións, modismos, chámanse en inglés “idioms” -esencia dos idiomas- e son intraducibles e pertencen á cadea oral. Por iso, o de “xa choveu” ou “como quen oe chover” ou alguén que responda á pregunta se está lonxe Velle, cun “á carreiriña dun can” pertencen a bos falantes, segurmente maiores. 

Frases feitas, modismos en galego hai centos, aínda que a cadea da fala estea enferruxada. Un, incluso, está no Quixote: “Tarde piaches”, usado por Sancho, gobernador, no capítulo 53, pero sen o s final. 

En fin, debemos termar dos nosos ditos. Así, en vez de “dicho y hecho”, “meu dito, meu feito”.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/cultura/bolboretina-do-dia-palabras/20201016235317979179.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons