Imprimir

Os 99 anos da revista Nós

Redacción | Ourense | 30 de octubre de 2019

A Coral De Ruada actúa esta tarde na homenaxe á Xeración Nós (XESÚS FARIÑAS).
A Coral De Ruada actúa esta tarde na homenaxe á Xeración Nós (XESÚS FARIÑAS).
A Coral De Ruada organiza unha homenaxe con motivo do aniversario da publicación do primeiro número da revista Nós cunha misa cantada na igrexa dos Franciscanos

O 30 de outubro de 1920 publicábase en Ourense o primeiro número da revista Nós, publicación cultural impulsada polo escritor ourensán Vicente Risco. Con motivo do seu 99 aniversrio, a igrexa dos Franciscanos acolle esta tarde unha homenaxe aos membros da Xeración Nós, fundadores e editores da revista. 

A actividade forma parte da xornada "Lembrádenos" organizadas pola Coral De Ruada e consiste nunha celebración relixiosa que contará coa participación da propia coral. Con esta actividade preténdese recoñecer a inmensa labor realizada por este colectivo intelectual en beneficio da cultura galega e ourensá.

A revista Nós, que publicou os seus primeiros quince números en Ourense, converteuse no medio de defensa da lingua galega, reivindicando o idioma galego nos ámbitos culturais e académicos.

Risco, Otero Pedrayo, Castelao ou Ánxel Fole foron algúns dos escritores e intelectuais galegos vinculados á revista Nós, cuxo legado será recordado esta tarde na cidade. 

Lugar: Igrexa dos Franciscanos, parque de San Lázaro, Ourense

Hora: Hoy, 19:00 horas

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/ourense/cen-anos-da-revista-nos/20191030091025902954.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons