Imprimir

Empresas sen sede física terán oficina en Barbadás

Brais Iglesias | 02 de mayo de 2018

O Transfronteirizo habilita un espazo para que fagan os seus trámites

O Centro Transfronteirizo de Barbadás (CET) ofrecerá ás pequenas empresas e autónomos que carezan de instalacións propias para desenvolver a parte burocrática unha ubicación para ter o seu domicilio social, a dirección de negocios, recibir o papeleo, emails, faxes...

É unha oficina virtual que contará ademais cunha oficina física, un espazo con wifi e todas as comodidades para facer todo tipo de reunións. "Trátase dun espazo de traballo  que, aínda que non sexa a diario, poderá ser utilizado cando sexa necesario", explicou o concelleiro de Promoción Económica e teniente de alcalde de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida. 


Taxa "simbólica"


A taxa que se cargará aos usuarios deste servizo é de 10, 43 euros ao mes, como marca a ordenanza, que Fírvida puntualizou que é unha cantidade "simbólica". 

O horario de utilización do servizo será de 8,30 a 21,00 horas, aínda que se poderá usar noutros momentos dando aviso ao CET da súa reserva. O centro facilitará un correo electrónico profesional que se redirixirá ao usuario do servizo, como tamén  se fará cos faxes ou correo postal. 

"A oficina non está só para os veciños de Barbadás, calquera poderá usalo", remarcou Fírvida, quen resaltou que "é unha boa ferramenta para o arranque e consolidación de iniciativas empresarias", no só deste concello, senón de "toda a contorna".  

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/ourense/empresas-sede-fisica-teran-oficina-barbadas/20180502220646790051.html


© 2021 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons