Imprimir

O Entroido de Xinzo funcionará con oito comisións

Paula Palomanes | 27 de septiembre de 2019

O Entroido de Xinzo volverá ás rúas da vila a comezos do vindeiro mes de febreiro.
O Entroido de Xinzo volverá ás rúas da vila a comezos do vindeiro mes de febreiro.
Esta semana pechouse o grupo definitivo da organización que estará integrado por 12 persoas

A comisión do Entroido de Xinzo 2020 pechouse definitivamente no transcurso da semana e nunha reunión que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello. O grupo de traballo estará integrado por asociados de A Pantalla, técnicos do Concello, organizadores de anos anteriores e representantes municipais, como é o caso de Ramiro Rodríguez, o edil de Cultura da vila. 

Finalmente, a agrupación dividirase en oito subcomisións que atenderán distintas áreas da festividade: Música, Tradición, Actividades, Imaxe e Comunicación, Infraestruturas, Decoración, Seguridade e Limpeza e, por último, Burocracia e Tesourería.  

O grupo de traballo determinará nas vindeiras semanas o orzamento necesario e a liña que seguirá, nesta ocasión, o evento

Aseguran, dende a comisión local, que son un grupo "aberto, voluntario e sen ánimo de lucro, formado por diferentes veciños e veciñas da vila que, durante os meses que precederán ao Entroido xestionarán e organizarán a festa da vindeira edición". Neste senso, apuntaron que o método de traballo será "de carácter asambleario, de consenso, e baseado no respecto e o compromiso que a festa precisa para seguir crecendo". 

A agrupación de traballo reunirase por terceira ocasión nas vindeiras semanas para determinar o orzamento necesario para poder levar adiante o Entroido, e marcar a liña que seguirá, nesta ocasión, o evento. "Todas as ideas, suxestións, ou colaboración dos veciños e veciñas será benvida", matizaron dende a Comisión.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/a-limia/entroido-xinzo-funcionara-comisions/20190927224414896371.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons