Opinión

Non somos persoas civilizadas

Oser humano é torto. É torto por natureza. E porco. E nugallán. E desinteresado. Levo uns días fixándome no aparcadoiro do Mercadona de A Valenzá e a xente deixa os carriños que usou para apañar a compra como lles dá a gana. Si, porque agora temos a vantaxe de que non lles puxeron as famosas cadeas de enganche e que tiñamos que desenganchalos metendo unha moeda, ou ben de 0,50 euros ou ben de 1 euro. Digo que temos a vantaxe porque, ás veces, non tiñas ningunha desas moedas e había que perder tempo cambiando billetes nas caixas.

Non obstante, creo que esa vantaxe vai ser por pouco tempo; a non ser que nos portemos como persoas civilizadas. Como non nos portaremos como persoas civilizadas (porque non somos persoas civilizadas), os do Mercadona terán que retroceder de novo no tempo para engancharnos os carros. Pois se non o fan, os tortos, porcos, nugalláns e desinteresados deixaremos os carros polo aparcadoiro adiante, sen importarnos para nada que ocupen prazas nas que poderían meterse os coches. Imaxino a situación: “Eu xa fixen a compra... o que chegue que se busque a vida”. Porque custa horrores, logo de meter as bolsas no maleteiro do coche, de levar os carriños ós lugares dispostos para a súa situación.

Te puede interesar