Oímbra desinfecta cada semana todos os lugares de risco

undefined
photo_camera Desinfección no colexio do Concello de Oímbra.
Dende setembro, cada semana o Concello de Oímbra desinfecta todas as zonas de risco do seu territorio

Dende o mes de setembro, o Concello de Oímbra realiza labores de desinfección das zonas comúns e de máis tránsito de todos os núcleos do seu territorio -un total de 10 poboacións-. Esta iniciativa, para a que o Concello tivo que comprar un nebulizador, lévase a cabo todos os luns, comezando na aldea de Videferre e pasando polos 9 núcleos restantes. 

A idea é "desinfectar todos os establecementos que teñen atención ao público", asegura Ana Villarino, alcaldesa do municipio. Entre estes establecementos atópanse bares, perruquerías, tendas, igrexas, o tanatorio e incluso taxis e paradas de autobús. Ademáis, dende o consistorio fan fincapé en que "se nos chaman para desinfectar algo concreto tamén imos".

Villarino ratifica que "a desinfección lévanos un montón de tempo e recursos", ao que engade que no ano 2020 se gastaron máis de 50 mil euros só para facer fronte ao coronavirus. "Para un concello como o noso, gastar 50 mil euros é unha barbaridade", di a alcaldesa de Oímbra.

Desinfección en máis puntos

Esta iniciativa non xorde só por parte do Concello de Oímbra, senón que tamén outros, como o Concello de Riós, desinfectan as súas instalacións asiduamente. Este luns, operarios da casa consistorial de Riós desinfectaban as dependencias municipais, entre elas o centro de saúde e a escola. infantil.

Te puede interesar