Política Local

O PP limiao pide melloras nas telecomunicacións

XINZO DE LIMIA (SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO). 29/12/2020. OURENSE. Pleno ordinario del concello de Xinzo de Limia con varios puntos conflictivos en la orden del día. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Ediles populares, a la izquierda, durante una de las últimas sesiones plenarias de la villa.
Rexistrou unha moción neste senso este mesmo luns. 

Os Populares de Xinzo rexistraron unha moción este luns para pedir melloras na rede de telecomunicacións, pois aseguran que o servizo é deficiente e que existen numerosas queixas dos veciños. "Entender o noso día a día sen internet e unhas boas telecomunicacións é imposible. É necesario estar conectados co mundo tanto sexa por traballo, estudos, información ou actividades lúdicas", explican dende o Partido Popular limiao. Nesta liña, aseguran que este servizo non se está a prestar como debería na vila e nos pobos, e lamentan que a cobertura telefónica tampouco é boa, do mesmo xeito que a velocidade das conexións non é suficiente. "Chega con ler as queixas que aparecen nas redes sociais, as que se poden escoitar a veciñas e veciños ou as incidencias recibidas na Oficina do Consumidor", din dende o grupo da oposición. 

Segundo o PP de Xinzo, a resposta dada aos usuarios sobre as deficiencias no servizo é que a vila conta, actualmente, "cun so nodo", o cal satúrase con facilidade e por eso as empresas non suministran o servizo contratado. O PP solicitou ao Grupo de Goberno -así como ás empresas- que arranxe esta cuestión.

Te puede interesar