Trasalba acolle unha mostra sobre a vida de Antonio Fraguas

A exposición, promovida pola consellería de cultura e turismo, permanecerá aberta até o 31 de outubro

A sede da fundación Otero Pedrayo (Trasalba, Amoeiro)acolle dende onte unha ducia de paneis ca traxectoria do etnógrafo, arqueólogo e articulista Antonio Fraguas, e outros galeguistas, baixo o título "A memoria dun soño".

O protagonista da mostra era 17 anos máis novo que Ramón Otero Pedrayo, e coñeceuno na súa época universitaria en Santiago de Compostela. Alí Fraguas descubriu o galeguismo cos intelectuais máis destacados de Galicia durante o século pasado.

Fraguas compartiu co intelectual de Trasalba unha paixón inesgotable polo coñecemento da historia e cultura de Galicia e a vocación docente, e tamén, coma él, foi apartado do ensino público. Textos e imaxes da mostra lembran tamén homenaxes como o premio Trasalba que Fraguas recibiu na sua terceira edición, en 1985.


Itinerante


A exposición é itinerante e foi promovida por la Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. O luns 21 de outubro ás 16,00 horas, recibirá a visita do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na sala do Centro de Estudos Oterianos en Trasalba. Permanecerá aberta até o 31 de outubro para visitas escolares, de grupos ou individuais, de 11,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00 horas.

Te puede interesar