Imprimir

“A xente ve as oportunidades, pero necesita empuxe da administración"

Paula Palomanes | 09 de agosto de 2020

Alejandro Sánchez de Dios.
Alejandro Sánchez de Dios.
Alejandro Sánchez de Dios é Subdirector de Mobilidade de Terras de la Xunta de Galica

Que particularidades teñen as aldeas modelo?

É un proceso voluntario que require das firmas dos propietarios. Unha vez feito ese paso, definimos a contorna da aldea e limpamos moito máis alá dos 50 metros. O proxecto complétase con iniciativas para traballar esas terras. 

Favorécese a reactivación social e económica do pobo?

Esta iniciativa protexe a contorna do lume e favorece a actividade económica. A nosa idea é recuperar a aldea, xa que non é o mesmo ver un pobo todo abandonado, que limpo. Estamos observando que a xente comeza a interesarse por rehabilitar vivendas destas aldeas. 

Cal é a principal potencialidade dos polígonos agroforestais?

Se estes polígonos se colocan ben no territorio poden servir de barreiras de protección contra os incendios, e este é un tema moi importante en Ourense. Por alí ou morren, ou se ralentizan moito. 

Cualedro e Monterrei son zonas especialmente sensibles. 

Temos máis de 150 hectáreas movilizadas en Cualedro e imos a seguir nesa liña, así como a facer unha aldea modelo. En Monterrei, Cualedro, Vilardevós, Oímbra e toda esta zona, en xeral, farase unha actuación conxunta para rematar cos incendios que aparecen unha e outra vez nesa comarca. Contaremos con todos os axentes forestais. 

Este tipo de aproveitamentos serían suficientes dado o despoboamento e a falta de gandeiros ou agricultores?

Sobre a falta de xente para explotar nego a maior. Temos peticións de gandeiros de concellos limítrofes a Cualedro de máis de 500 hectáreas. A xente ve as oportunidades, pero o que necesita é o empuxe da administración. Nós vamos a dedicar as terras ao que teñan de vocación, e xente disposta a traballar hai. É un impulso. O equipo que estamos traballando, todos cremos nesto. Engado que cansa o tema das suvencións a fondo perdido. Hai que apoiar á xente que se quere ganar a vida con dignidade e están respondendo moi ben.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/ourense/xente-ve-oportunidades-necesita-empuxe-da-administracion/20200808215852965595.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons