Evento

“Generación Why”

27/10/2019
19:00 h
Teatro Principal, Ourense
GeneracionWhy
FITO - Teatro

Espectáculo teatral inscrito en la programación del Festival FITO.

O xogo de imaxinar futuros posibles –ou imposibles- convértese nunha invocación ou un exorcismo, unha sorte de ritual contemporáneo no que quedan ó descuberto as esperanzas, ambicións e medos dunha xeración abrumada pola altura dos seus sonos e expectativas.

“Generación Why” é un trozo de vida, un rito de paso, un canto á xuventude, un fogar itinerante, un lugar no tempo. É o momento exacto no que se atopan a convicción de que aínda todo é posible e a certeza de que todo remata. Que mellor momento que este para celebrar a vida?


A compañía: Teatro en Vilo 

Compañía nada en 2012 en Londres afincada en Madrid, dirixida por Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez. Persegue o diálogo co entorno social, político e persoal que obliga a unha renovación constante da linguaxe escénica. Busca situarse entre a liña que separa o teatro da vida e a ficción da realidade, combinando o improvisado e o coreografiado, o humor absurdo e a comedia xestual, a tenrura e a irreverancia.

Dende a súa creación, Teatro en Vilo visitou numerosas cidades europeas e recorreu cos seus espectáculos gran parte do territorio español, tendo a oportunidade de partivipar en festiais de prestixio como Los Teatros del Canal, Edinburg Fringe Festival, Mimetic festival de Londres… Así mesmo, recibiu varios premios, entre eles, o Premio do xurado e o Premio du público no Festival Presente-Futuro en Palermo; e Mellor compañía emerxente en Mimetic festival.

Te puede interesar