Opinión

A bolboretiña do día | Bordóns de peregrino e da fala

“Muletilla” é unha palabra do castelán que convén pasar pola peneira, pois é  unha importación innecesaria do castelán, cuxo dicionario académico a define como “Voz o frase que alguien repite mucho por hábito”.

Os portugueses explican a súa equivalencia “bordão” de forma máis prolixa: “Palavra ou locução esvaziada de sentido e sem função morfossintáctica, que se usa ou repete no discurso, geralmente de forma inconsciente ou automática, por vezes como forma de apoio em momentos de hesitação, esquecimento ou reformulação do pensamento”.  Pola nosa banda, o dicionario da RAG recolle “bordón”, tamén, co significado de “Palabra, expresión ou frase que un individuo repite ao falar ou escribir”. E si, como saben, o significado primeiro de bordón é o “caxato” no que se apoia o peregrino polo que é totalmente lóxico este uso. Percorrendo camiños de palabras, mellor bordóns ca muletas. Aínda que sexan pequenas.

Te puede interesar