Opinión

A bolboretiña do día | Canóns de morte e canons de beleza

Os canóns soan nas terras de Ucraína. E chamámoslle así, e non “cañón” porque para nós son como canos grandes por onde sae morte. Igual que dicimos cana de pescar, ou a  auga do cano, para a da traída. Outra cousa, culta ela e medio relixosa tamén, é canon, que vén dunha forma latina canon-onis que significaba lei, regra, medida; ou sexa, forma de facer ou valorar algo como está establecido . Os portugueses dubidan entre escribir “cânon” ou “cânone”, aínda que fan sempre o plural en “cânones” Si, para palabra raras, como esta ou “dolmen”, os do sur non dubidan en recuperar no plural un e que a nós nos sorprende: así falan de “cánones”  e “dólmenes”. As nosas normas, non sinalan excepcionalidade, polo que debemos dicir, por exemplo, “A aplicación dos cánons correctos leva a facer obras canónicas.  

Te puede interesar