Opinión

A bolboretiña do día | Capucha e cacheira

Parece que ambas palabras están algo relacionadas con derivados de “capula” unha especie de gorro para a “caput”, a  cabeza para os latinos. En Ourense tendemos a dicir máis cachuca que cacheira aínda que entendamos ambas. O que resulta curioso é que existise en castelán un baile no século XVII dentro do mundo do flamenco, castañolas incluídas,  que se chamase “Cachucha”. Incluso o celebérrimo compositor austríaco Johann Sebastian Strauss, I, adaptou unha composición destas a rito acelerado, como se duns cabalos correndo se tratase, e que chamou “Cachucha galop”. Mireno en youtube que é simpática polisemia destas dúas cachuchas. E podiamoslle engadir outra,  a “cachucha”, que é como lle chaman en parte de América ás gorras dos xogadores de béisbol. De todas as cachuchas, as máis interesantes, as nosa.  E máis neste tempo.

Te puede interesar