Opinión

A bolboretiña do día | Coches, carros e carruaxes

A vella palabra romana era carro. E é de familia ampla: carrear ou carrexar, carreira, carrada, carreto, carretilla, carrocería, carruaxe, carril, carrilleira... pero alá, logo da fin da idade media, desde a localidade checa de Kosci (pronunciado koschi) comezaron a saír carros modernos, de cabalos, lixeiros, e con suspensión de correas de coiro, e comezaron a chamarlles “coches”, desde fóra. Os franceses, espallaron a palabra que viña substituír a de “carroza” que eran carros moi pesados e grandes e groseiros e a “carruaxe”, derivada do occitano -como todas as que rematan en -axe, carriatge.  E cando chegaron os de combustión, nunhas zonas usaron a vella xeral de “carro” (portugués, hispanoamericano, inglés -car-) e noutras a de “coche”. As carruaxes quedaron para os vagóns de ferrocarril e o imposto de carruaxes, o do acceso aos garaxes -outra palabra occitana-  das nosas casas.  Hai que andar con coidado cos coches. Só dan problemas.

Te puede interesar