Opinión

A bolboretiña do día | Falsos amigos ingleses

Son bastantes e comúns co castelán e portugués a maioría. Velaquí van algúns. “Affront”, non é afrontar, é ofender; “apologise” é desculparse e non facer apoloxía; “attend” non é atender, senón asistir; “conference” é congreso, unha reunión, un simposio –que en grego, por certo, significaba “beber xuntos”, cousa bastante certa destas reuinóns-- e non conferencia; “current” é actual, e non “corrente”; “large” é grande e non largo ou longo: “improvable” é, mellorable, e nada de improbable; “traduce” é calumniar e nada de traducir... En fin, que cando se estuda unha lingua esta é unha das cousas máis simpáticas que acontecen, que as palabras teñan significados moi distintos. Saben como se di “laranxa” en grego, en turco e en albanés, romanés, persa e noutra chea de linguas?: Pois portugal, máis ou menos. Pensaron, seica, que esa era a súa orixe. Como os pexegos, de  “persicus”, pois pensaban os desta banda que viñan de Persia. Ou como os xitanos que se pensaba viñan de Exipto, e de expcianos a ciganos ou xitanos.

Te puede interesar