Opinión

A bolboretiña do día | Onomástica

Bolboretiña do día
photo_camera Bolboretiña do día
O uso popular da palabra é o cuarto do dicionario: o santo, “o día da túa onomástica”. Pero o primeiro é o da parte da lingüística que se ocupa dos nomes propios. E dentro dela están a antroponimia, que sería o estudo dos nomes das persoas e a toponimia, dos lugares. En Galicia “peneirounos” a inicial Comisión de Toponimia (1984-2012), e logo segue o Seminario  de Onomástica da RAG, xuntoiro de nove sabios, vellos uns, como Antón Santamarina ou Ramón Lorenzo, ou novos outros, como o ourensán Vicente Feijoo, responsable do marabilloso proxecto colaborativo “Galicia nomeada”. Tamén hai grupos na ONU (UNGEGN) e Unión Europa que se reúnen con frecuencia. (Recoméndolle, está na rede, o anexo V do “libro de estilo interinstitucional” da EU, sobre nomes de estados territorios e moedas, en todas as linguas oficiais da UE). Creo que tamén debe entrar na onomástica o estudo dos nomes dos animais. Como se chamaban os vellos cans da casa? Sul, Nei, Trosky, Laika? E as vacas, Marela, Perla, Cabana? Hai moita historia e curiosidades.

Te puede interesar