Opinión

A bolboretiña do día | Vale?

Todas as linguas teñen unhas palabras expresivas e potestativas ao final da frase para fixar a atención do que fala e pedir o seu asentimento. En castelán, é habitual rematar en “verdad?” e tamén “vale?” pero cun matiz disinto, máis imperativo. Sabemos que os franceses rematan as frases, cun “n’est-ce pas?” e os ingleses cunhas variables “question tags” que estudamos na escola e así din “Isn’t it?, Don’t you?, etc. para facer que o interlocutor acene coa cabeza ou diga “Yeah”. En bo galego debemos rematar esas frases dubidosas no oral co tradicional “non é?” ou “non si?”. “Vas ir a Vigo o sábado, non é?” (ou non si?), moito mellor que un mal calco directo do castelán e dicir  “verdade?”. Os portugueses á parte do “não é?” usan moito o “certo?”. E si. Nós tamén dicimos moito máis certo que verdade. “Isto que lles digo, é ben certo”.

Te puede interesar