Opinión

A bolboretiña do día | Xabaríns e xavelinas

descarga

Onte falabamos de xabarín, xabaril ou porco bravo. En castelán dáse o caso curioso de que a femia se chama “jabalina” e escríbeno igual que a lanza que se guinda ao lonxe no mundo dos deportes. E debe ser por confusión entre homofonía e homografía, pois guindar unha “jabalina”, unha porca brava ao lonxe, a man, debe ser bastante complicado. O que se lanzaba en Francia, unha lanza curta, era unha “javeline” -diminutivo de “javelot”- que seica era palabra que viñan do célta “gábalos”, lanza.

Curiosamente, os portugueses non importaron a palabra do frances -eles tan dados ao tema- e chámanlle “dardo” que era, por certo, como lle chamaban os romanos a unha das súas lanzas curtas. Lançamento de dardo, din. A min gústame. Polo menos como sinónimo.

Te puede interesar