Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Podemos, da man do profesor Xesús González Gómez no seu artigo “Breves notas sobre os xudeus na literatura galega contemporánea”, ver como autores anteriores e posteriores a Risco facían afirmacións que resultan terribles. No primeiro discurso público en galego, en 1891, Murguía dixo en Tui: “Pensemos que n’en balde temos en Galicia os restos daquel celeste guerreiro, enemigo da xente de Mahoma. Homes europeos, homes de Cristo, a victoria está por nós. Os homes do Korán, os semitas que inda erran como sombras polas terras de España, sóio importan porque son un perigro e un estorbo”. Isto era habitual nese tempo e nós hoxe debemos pór a lóxica distancia. Murguía falaba, iso si, de musulmáns e xudeus, semitas todos.
A cuestión da actitude de Castelao foi tratada polo profesor Craig Peterson nun artigo titulado “Delito e pecado. Castelao, Galicia e o antisemitismo” (Grial 202) onde lembra frases, tamén, terribles. En 1947, indo a América, escribe: “Este barco ven cangado de xudeus. Son os que acapararon as prazas, corrompendo con diñeiro aos axentes consulares e aos empregados da compañía de Navegación (...) No barco, como en todas partes, gañaron a antipatía de todos os non xudeus. Lástima grande que os demócratas sinceiros empecen a odiar aos xudeus, porque pol-o camiño que van chegarán a coincidir con Hitler. A culpa é dos propios xudeus”.
Xa antes, en 1921 escribía en ANT outro disparate: ”O rexurdimento das nacionalidades é un feito e os mesmos xudíos, sostendo co-a sua intelixencia e os seus cartos, o internacionalismo non fan senon defenderen a sua raza, o seu territorio. Os xudíos son os únecos nemigos verdadeiros do nacionalismo. Por iso cando un xudío se chama nacionalista é preciso ollalo con certa desconfianza, pois tod’o mundo sabe que os xudíos endexamais traballaron, e ben pode calquera xudío ocultar o seu internacionalismo pol-a comenencia de vivir dos nacionalistas”.
Otero escorregou por este mesmo camiño, e en circunstancias aínda máis duras. En 1948, aos dez días de comezada a guerra lanzada polos árabes contra o nacente estado de Israel, escribía en La Noche; “Sabemos de xentes que teñen medo ás noticias de Palestina e fuxen delas, o que non lles tolle a cavilazón… Na terra por eiscelenza saudosa do amor e da door, no punto de inxerto da historia eterna, na historia temporal quérese estabrecer unha alquiratada abstracción. É cruel, xiadamente intelixente, a idea dun Estadio xudío. A cienza, o método, a mestría sobre o tempo, as palancas do diñeiro, fan máis duros os ollos dos lapidadores de Santos (…). E pénsase hoxe como os árabes bombardeando os campamentos xudeus, fan oficio de Templarios. E que máis dun esguío xefe de oásis, no seu auto, no seu avión ou no seu camello obedece sin se decatar, ó mandado de Godofredo ou de Ricardo Corazón de León”.
Esas expresión de “duros ollos de lapidadores de santos” ou a idea de os árabes faceren “oficio de Templarios”, condúcennos a ese cristianismo tradicional que se estendeu militante antixudeu, ata ben entrado o XX. O Papa Pío X dicía a comezos do XX “Non podemos evitar que os xudeus vaian a Xerusalén, pero nunca poderemos sancionalo... Os xudeus non recoñeceron ao noso Señor, polo tanto nós non podemos recoñecer o pobo xudeu”.
Eduardo Morerias, bo poeta, aínda dicía en 1970 , “Ás vegadas, eu fago na miña cova ofrendas sentimentáis in memoriam do III Reich. O que morréu, morréu. Pero…(...) Hai hoxe na Europa Occidental, unha raza de amos e unha chea de escravos que van co saco ao lombo, poñerse en ringleira na porta da cociña por si cai o maná. (...) Europa saíu do racismo nazi para cair aferrollada nos vencellos do diñeiro xudeo internacional”. En fin. Si. Hai un problema.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva