Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Dise que nas guerras a primeira vítima é a verdade. E ninguén pode pensar que nunha guerra cun comezo tan planificado como o asalto de Hamás ao sur de Israel o día 7 de outubro, ían deixar de estar valoradas, medidas e planificadas por parte dos agresores iniciais as políticas de proxección mediática do conflito a nivel planetario e de axitación social que ían promover. Os líderes de Hamás, desde a comodidade dos seus hoteis en Qatar, Libano e Turquía, así o dispuxeron. Ese era o obxectivo central dun ataque terrible en mortos e secuestrados, que inexorablemente ía ter unha durísima resposta dun Estado ameazado na súa propia existencia. Non é un problema de marcos territoriais, é algo máis. A consigna “From the river to the sea, Palestine will be free”, fala da aniquilación do Estado e do pobo xudeu tal como figura na declaración fundacional de Hamás. Ese país, case illado, que nas catro primeiras horas recibiu 3.000 foguetes desde Gaza, e do que o lider iraní Alí Jamenei di que en 25 anos non existirá, sabe por experiencia que as ameazas de aniquilación hai que tomalas en serio. E non o van permitir. Os israelís de hoxe asimilan o ataque do 7 de outubro á Kristallnacht, a noite dos cristais rotos que desatou o comezo da persecución nazi en 1938 contra os xudeus alemáns perante a pasividade absoluta do mundo occidental. E lembran hoxe aquela soidade na traxedia. A onda de antisemitismo que se espalla polo mundo é especialmente preocupante porque une aceite e auga: fanatismo relixioso conservador e fanatismo político do signo contrario, sen ningún outro valor en común, máis que o antixudaísmo.
Cando o primeiro ministro inglés Arthur Chamberlain regresou a Londres logo de asinar en setembro de 1938 o Acordo de Múnich con Hitler, foi recibido con todo o apoio da prensa e mesmo foi nominado ao Nobel da Paz. E Churchill, tamén conservador, espetoulle: “Puidestes escoller entre guerra e deshonor. Escollestes o deshonor, e teredes a guerra”. Así, estes días de guerra entre Israel e Hamás creo que é fundamental afastarse un pouco das inercias dos medios de comunicación e achegarse ás fontes primarias -israelís e palestinas- para reflexionar por nós mesmos.
E si. E a ONU ten boa parte de culpa. Fixo ben apadriñar unha división dos mandatos británicos e franceses de Oriente Medio e deixarlles un oquiño aos xudeus para faceren o seu Estado en 1947. E fixo mal non volver por eles cando o mundo musulmán tratou de aniquilalos en 1948. E fixo mal cando en 1975 asimilou sionismo -a pura vontade de ter un estado- a racismo. Todo nacionalismo bebe dos que se cren mellores cós outros. E fixo peor cando ten na actualidade dúas axencias de refuxiados: unha, a UNRWA, só para o caso palestino -mantendo ao 80% da poboación de Gaza e sen controlar en que invisten o cemento e as axudas- e ACNUR que traballa en 132 países do mundo que enfrontan desgrazas. E se ACNUR busca solucións inmediatas a problemas concretos, a UNRWA contribúe á cronificación do problema creando a estraña figura dos “refuxiados hereditarios”. En 1950 vivían en Gaza 295 mil persoas entre naturais e desprazados de Israel. 390 mil eran en 1970, 650 mil en 1990, 1.130.000 en 2000 e uns 2.000.000 hoxe. Unha bomba demográfica educada, conscientemente, para esta guerra. En fin, da parte israelí, recoméndolles “The Times of Israel”, un xornal en aberto, independente con bos colaboradores. E “Haaretz”, de esquerdas, ou o “Jerusalem Post”, de dereitas. E do mundo islámico, a cadea “Al Jazeera” e a web de “Wafa”, a axencia de noticias palestinas. Investiguen, que hai de sobra na web. Pero que a opinón sexa súa, non prestada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas