Opinión

Volcán ou vulcán?

Vista del nuevo volcán de La Palma
photo_camera Vista del nuevo volcán de La Palma

Imos ver. Hai familias de palabras que teñen raíces cultas e populares mesturadas e non pasa nada. Así, leite e lácteo ou moeda e monetario. E os montes ese que cospen lava? Pois os romanos pensaban que vivía Vulcano no Etna e de ía lles vén o nome. Na maioría das linguas, tanto o substantivo como as palabras relacionadas, levan sempre u. En portugués (vulcão, vulcánico, vulcanología), en corso, romanés, e en linguas non latinas, tamén, como o holandés, polaco, ruso, alemán (vulkan, vulkanisch, vulkanologie) etc. Os ingleses usan a palabra italiana, volcano, e fan regularmente as outras, (volcanic e volcanology). Noutras linguas, combinan. Italiano (volcano, vulcanico, vulcanologia), catalán (volcá, volcànic, vulcanologia).

O castelán tamén é destas. Di volcán e volcánico, pero o seu dicionario admite tanto volcanología como vulcanología, igual ca volcanismo e vulcanismo. O máis simpático é que na entrada da RAE de volcán, di que a palabra provén do portugués, “volcão”, cando tal non existe. E en galego? Pois a escolla da RAG no seu dicionario coincide aproximadamente co castelán, catalán, e francés. Aínda así, non vexo porque, de acordo co comezo do punto 4 da introdución das “Normas” (As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular) non podían deixar ambas posiblidades volcán e vulcán como sinónomos, como concha e cuncha. Ou, xa que estamos, cinza e cinsa.

Te puede interesar