Opinión

Tourada no convento

Andaba remoendo os miolos para escribir sobre algo que non tivese que ver coa "cleptomanía", cando o arquiveiro da diocese -o benquerido Miguel Ángel González- me fixo chegar, entre outros, un documento singular que me devolveu á realidade ourensá e me levou a cavilar sobre a lixeireza coa que con frecuencia sometemos o noso patrimonio a tensións funcionais que pouco ou nada teñen que ver -cando non son directamente irreverentes- coa súa función primixenia ou co respecto conceptual a propiamente artístico e arquitectónico que merecen como bens de interese cultural destinados a transcendernos.

De contado pedinlle permiso para utilizalo como apoio documental e, unha vez concedido, sen dilación paso a contextualizarllo.

Trátase dun escrito do mes de xullo de 1927, que lle dirixe un dos responsables do Colexio dos P.P. Escolapios ó bispo de Ourense, por mor dunha tourada -el di "novillada"- que seica queren celebrar nun dos claustros do mosteiro con motivo das festas do San Roque daquel ano. O texto, literalmente, di así:

"Ilmo. Sr. Obispo de Orense

Es público y notorio en la villa de Celanova, que se proyecta dar una corrida de novillos en las próximas fiestas de San Roque; y que para ello cuentan los empresarios con instalar o improvisar el circo taurino en el claustro de nuestro magnífico convento, previo permiso del P. Rector.

Ilustrísimo Señor: Aparte de lo que el espectáculo tiene en sí de salvaje, y que rememora tiempos de barbarie e incultura, sería realmente estupendo que se celebrase en un punto que forma parte integrante de un templo destinado al culto católico. Sería tan salvaje como el espectáculo mismo, que la sangre de los novillos sacrificados por la incultura manchase un claustro destinado a templo de la ciencia.

Esto no puede ser; esto no debe ser. A S.S.Y. incumbe el evitarlo. Sin embargo, si el proyecto se realizase, conste que será siempre con la protesta de todas las personas sensatas y amantes de sus gloriosas tradiciones No ofendamos, por Dios, la grata memoria de San Rosendo.

Le besa reverente el anillo pastoral. N. Yáñez."

Como ve, benquerido lector, o asunto non é cousa baladí, nin tema de hoxe, de onte ou de nantronte, porque a sensibilidade e o respecto -do mesmo xeito cós seus antónimos- son valores -ou deméritos- vencellados á subxectividade ondulante do ser humano.

É certo que algo temos avanzado na boa dirección. Pero non é menos certo que, como ben dicía meu pai -que deus teña na gloria- sempre haberá a quen lle dea exactamente o mesmo “planchar un ovo ca fritir unha camisa”. Eu mesmo os vexo de cando en vez, invocando -ignorantes- ós mentores da tourada no covento, xa sexa xogando ó fútbol no patio do claustro barroco ou aliviando a próstata en calquera dos seus recantos.

Te puede interesar