Opinión

Casas, familias e negocios - CHICHA GONZÁLEZ E BEATRIZ SANTOS

Hoxe estamos entrando na plazuela do Correxidor. Cantos recordos, lembranzas garimosas, historia, cultura, xente querida.

Empezamos. Subindo a dereita, os Arce, as “Pacolas”, varias irmás. Unha Pepita, casada con Montesinos, moi de Radio Ourense. Encantadoras. Rosita, cariños. A casa da esquina, preciosa, habitada por o inesquecible Jaime Pérez Colemán, catedrático do noso Instituto e moitos cargos máis. Sempre, sempre un cabaleiro. Querémolo sempre. Remeditos, Jaime, para ti e para a inolvidable Pilar Moretón noso agarimo. María, profesora no IES de Viana, que fuches de gratísimo recordo, para túa irmá e para ti, un bicazo. Edmundo, tamén te lembramos.

No segundo piso habitaban os jesuitas, que por aquel entón rexían a parroquia de Santa Eufemia do Centro. Noutra casiña, o frente, estuvo (uf!) moitísimos anos Acción Católica, despois a Coral de Ruada. Outra casa, e xa as Carmelas. Na azotea segue lucindo o Sagrado Corazón de sempre. A gran entrada. A dereita, para as alumnas de pago; a esquerda, para as alumnas gratuitas.

Beatriz foi un ano as da esquerda e pasouno guai!; Chicha, as da dereita. O ladiño, a capela. As cutadiñas, abaixo, nos bancos da igresiña; as pagadoras, na tribuna ou entre reixas. Monxas? Moitas. Imprevisible hermana Flora, inolvidable.

A de música, a de matemáticas, inigualable e “getuda” H. Crescencia, H. Felicia, H. Teodosia… etc. Inolvidables.

Pegadiña a capela, a tenda de Desiderio, xa na esquina, limitando coa da Estrela. Unha boa tenda, a do Gerardo. Pola rúa da Estrela, moito olliño, pois é moi posible que te estrelles. Uns soportaliños cuns escalóns, a barbaría do Antonio. Facendo esquina coa de Pizarro. Prohibida naqueles anos, pero sempre cheirabamos. Na plazuela, unha fontiña de grifo. A cantos ferrichamos!

Uns peldaños e subida ao colexio. Espazo amplo e con muro ao longo de toda a fachada.

Hoxe luce unha estatua de Otero Pedrayo. Enfrente, unha casa grande moi destartelada, con corredores de madeira e vidrieiras, pero con certo sabor. Vivía media humanidade: carpinteiros, albañeles, reloxeiros, electricistas; “nos señora Inacia”, que é a que puña o “tenderete” pegado o patín da Catedral, na Fonte Nova, e a que lle axudábamos a vender estampiñas, escapularios, novenas, algún rosario e pouco máis aos turistas que visitaban a seo.

Volvamos a casa, convivencia a forza! “O retrete”, nas escaleiras, comunitario. Había que guardar cola, e o malo sería cando tiñan “cisca”. Igual te esfurricabas no camiño. Era asina en moitísimos edificios.

Pegadiña a casa dos Pallarés, unha boa casa, pensamos que non debían ser da cidade. Seguíalle unha casa pequeniña e xa, na esquina, a da Aurelia, modista de medio Ourense, e nosa tamén. As fardonas decían que lles facía os modelos a Rubí, Goya ou en Madrid.

Baixando para Gravina, nun baixiño, estaba a Rosiña, coa tendiña de chucherías. Canto mercábamos! Un patacón, unha peseta nos días señaladísimos.

Baixando esta rúa vivían “As Pilaritas”, tamén modistas. Moitas irmáns: Luísa, Milucha, Pilarita, Chita. Baixando unhas poucas escaleiras, na esquina, a casa dos Alenza, que tiñan unha óptica no Paseo. Enfrente, un bar.

Bueno, xa nos queda pouco. Na próxima tirada rematamos. Xa está ben.

Gracias por ser tan pacenzosos connosco.

“No tomarse la vida demasiado en serio, ser empático, alegre, generoso. Saber sonreír siempre”.

Te puede interesar