La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Poetas. Ó carón dos murais dos artistiñas, dos que falei o luns pasado, estaban os poetas. E, dende logo, o apartado poético nas paredes do Volter non era menos importante que o artístico. Aqueles muros enchéronse de poemas de Ramón Cabanillas, Ricardo Carballo Calero, Otero Pedrayo, Ferro Couselo, Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Bernardino Graña, Antón Tovar, Xocas (Xoaquín Lorenzo), Carlos Casares, Méndez Ferrín, Carlos Velo, Curros Enríquez e Vicente Risco. E tamén breves composicións de autores ourensáns como Ernesto G. Del Valle, Julio López Cid, José Luís López Cid, Carlos Casares, Pepe Romero, Gimeno e M. F. Sampayo, entre outros. Moitos anos despois, en 1975 e 1976, alí se celebrou o certame de poesía O Volter e os premios foron outorgados ós poetas Millán Picouto e Ánxeles Penas, que os viron tamén reproducidos nas paredes.
Vicente Risco. E no centro de todo este movemento cultural, Vicente Risco. O creador ourensán encabezou os máis importantes faladoiros do Ourense da posguerra e imprimiu neles o aceno da súa forte personalidade cultural. Risco estaba entre os habituais da tertulia da Peña dos Sabios, que se xuntaba no café do retaurante Roma, na rúa do Progreso, e logo, ó desaparecer ó Roma, no café La Marquesina, no Paseo. Nesa xeira andaban, con Risco, Prego de Oliver, Faílde, o escritor Ernesto Gómez del Valle, os irmáns José Luís e Julio López Cid, Julio Gimeno, Segundo Alvarado e Ricardo Outeiriño, entre outros. Con xente moito máis nova, Vicente Risco axuntouse no bar Tucho cos artistiñas do Volter e sobre eles exerceu un indiscutible maxisterio. Carlos Casares, un dos seus discípulos máis fieis, retratouno así, lembrando aqueles anos: aquel home pequeniño e miúdo, intelixente e bo, unha miga beato, intelectualmente audaz e moderno, contribuíu como poucos, non á exaltación literaria e cultural de Galicia, senón á súa propia creación e configuración como pobo. Neste sentido merece un premio. Polo menos, o do respecto e o recoñecemento polo rigor da súa obra.
Apertura. Curiosamente, un home conservador no plano político (non noutros) tería unha escola de discípulos na literatura e nas artes marcada pola esquerda e o antifranquismo. Risco neses anos publica obras como La puerta de paja, Leria, Mitología cristiana, El Libro de las Horas e El Orense perdurable. Admirado e respectado, o por qué dese maxisterio debeu ter que ver co feito de que a súa persoa facilitase a relación humana cos máis novos. Iso dicía Casares: Tratábase dun home sinxelo, absolutamente modesto, que non impuña distancias ou protocolos con ninguén, nin sequera cos rapaces, mesmo cando se falaba de cuestións relacionadas coa arte ou a literatura, que el coñecía tan ben. A pesar dos anos, daba a sensación de ser un home novo, intelectualmente curioso e moderno, sen prexuízos, polo menos en materia artística, ó contrario do que sucedía no terreo relixioso, no que profesaba unha fe elemental e sinxela, nutrida en parte da cultura popular que el tanto estimaba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último