Opinión

Ao ilustre parasitólogo Bolás Fernández

Francisco Bolás, Non o coñecen? Pois é unha pena porque é un portento, unha persona en todos os eidos, das poucas que van quedando, ademais de tan cercano e tan ético en todo. E, por si isto fora pouco, galego. Si, galego. Paquito, como lle chamabamos de rapaz, é dunha aldea preto de Viana, Pinza. Destacou na escola. Percatáronse os mestres e os curas de entón. Logo do facer Farmacia en Santiago, viaxou ata Madrid onde acabou converténdose en catedrático de Parasitoloxía, sen perder os seus valores éticos e espirituais. Toda unha honra para Viana, Ourense e exemplo de todos nós. (Na imaxe, Bolás recibe a medalla de honra de Farmacia da Complutense).

Te puede interesar