Opinión

A CONFIANZA DE ROOSEVELT

Paul Bellow contaba que unha tarde de xuño, en Chicago, nun dos peores anos da Gran Depresión, ía paseando por un parque cando viu unha ringleira interminábel de coches aparcados baixo as árbores. Os coches tiñan as xanelas baixadas e as portas abertas, e os condutores fumaban en silencio. Ao se achegar, Bellow deuse conta de que todos os condutores estaban a escoita-la radio. Era a hora das charlas do presidente Theodore Roosevelt, que tiña o costume de se dirixir por radio ao país cando se vivían momentos de especial gravidade.


Naqueles anos, en América había un 25% de desempregados e a produción industrial caera en picado, algo que non se vira nunca en toda a historia do país. Miles e miles de persoas tiñan que viviren en chabolas. Pero as palabras de Roosevelt sabían trasmitir confianza aos seu electores. 'É hora de dici-la verdade, toda a verdade, con franqueza e determinación', dixo nun dos seus primeiros discursos. E a mensaxe do presidente americano era moi sinxela: os tempos eran difíciles, pero América remataría gañando a batalla. Durante os seus once anos de goberno, Roosevelt deu trinta charlas na radio. 'Estimados amigos', dicía ao principio, ou ben: 'Compatriotas americanos', e logo explicaba os problemas da banca, do desemprego ou dos deshaucios. Para Roosevelt, a democracia non tiña ningún valor se un líder non era capaz de consolar ao seu pobo cando as cousas se puñan feas. E iso que el era calquera cousa menos un demagogo ou un tribuno da plebe. En realidade era un aristócrata de Nova Inglaterra que fumaba con boquilla e que falaba cun acento do máis snob, pero os cidadáns escoitábanlle con atención -e por iso fixéronlle gañar catro eleccións presidenciais seguidas- porque confiaban nas súas palabras e necesitaban sentir que alguén lles estaba consolando polos malos tempos que lles tocara viviren.


O digo porque hai momentos en que o único que necesita un país é que alguén se dirixa aos cidadáns e se atreva a dici-la verdade. Nin sequera ten que prometer ou asegurar nada, senón face-lo mesmo que facía Roosevelt, dirixirse aos seus cidadáns e falarlles con calma para trasmitirlles a idea de que os sacrificios que están a sufriren non serán en van. Non fai falta moito máis: tranquilidade, seguridade, aplomo, confianza. Iso é todo. Porque a cidadanía, nos momentos de gravidade, dáse conta axiña de quen minte e quen sinte de verdade o que está a acontecer. Roosevelt, de feito, era un home que apenas sabía nada de economía e que só interesábase por a súa colección de selos e os seus libros de historia naval. Pero tiña fe no seu país e no seu programa de goberno e soubo trasmiti-la idea de que a súa America sería capaz de derrotar á crise.


Por sorte, Roosevelt non era un burócrata que só sabía maniobrar nas reunións do seu partido, e por tanto non estaba acostumado a vivir no disimulo e na ocultación da verdade. Era un político xenuino, ou aínda máis, un estadista, así que non lle daba medo dirixirse ao seu pobo e dicirlle a verdade. Só así acadou facer que a poboación de América sacara o mellor de si mesma nos peores anos que lle tocou vivir.


Te puede interesar