Opinión

Non cadran

Se nunha época de triunfos deportivos como a que estamos a vivir podería resultar asisado que o señor Rodríguez Zapatero pretenda obter réditos políticos do medalleiro co anuncio dun Ministerio do Deporte, é lóxico que, cando vacas famélicas pasten sobre as paupérrimas finanzas, sexa o ministro de Economía quen pague os pratos rotos do disgusto nacional. As últimas enquisas poñen a don Pedro na picota ou no chan, segundo se mire. Ao administrador do Estado non lle cadran as contas; ponse a botar números e todas as cifras lle saen en cor vermella. Obríganlle a inxectar liquidez aos bancos menos sólidos e a cadrar o círculo vicioso da nova fórmula de financiación autonómica, a última arroutada de don José, que lle roubou ao seu ministro a carteira.


Políticamente, don Pedro cheira a cadáver; dixo, coma o seu presidente, que non había crise cando na economía española abrírase unha fochanca. E agora que recoñece o burato xa lle chega a súa profundidade á sima das Marianas.



Te puede interesar