Opinión

ROSTROS

Sube o Ibex. Pechan as oficinas de USA, porque a dereita non aproba os orzamentos, e sube, tamén, a Bolsa de New York. Se os saltos das bolsas teñen pouco que veren coa economía das persoas normais ¿por qué se informa deles como se fosen tan vitais como os recortes do gobernó?. É un mundo curioso: está a piques de se legaliza-la atropofaxia -Hanibal Lecter adiantouse- pero está prohibido fumar en público. Agás que o vicio vaia acompañado doutro máis: da ludopatía.


Hai que ler Un reporteiro na montaña máxica para coñece-los móbiles e delirios dos Davos Men, a casta de plutócratas planetarios que residen nun jet privado e que no se conforman con palexar miles de millóns, senón que aínda queren ter boa sona e pasar por persoas davidosas porque ceden a milésima parte das súas ganancias e no acto aparente de daren, desgrávanse. Os hai cun rostro inmenso: preséntanse cunha pátina de progresistas: de Georges Soros a Bono (o de U2, non o manchego, que tamén ten o seu 'rostro'); de Juan Luis Cebrián aos Clinton. Para xustifica-las súas retribucións galácticas non só invocan un talento excepcional, tamén para evasión fiscal -o ego ben, grazas- senón que acostuman referírense á súa extrema laboriosidade, como se a axitación puidera mellora-la codicia.


O autor do libro é Andy Robinson, nome engañoso pois está moi vencellado a España. Robinson pertence a esa casta lúcida de pedagogos como Tony Judd, Naomí Klein ou Matt Taibbi (Cleptopía) que propóñense explicar isto, nada menos: a saber, que o capitalismo reformado, o de Keynes, é non só o que máis merece sobrevivir, senón o único que ten algunha posibilidade de acadalo. As operacións de imaxe duran pouco e iso tamén vale para algúns gobernos autónomos, que teñen máis xornalistas nos seus gabinetes que a suma de todos os medios. Os feitos sepultados baixo toneladas de desinformación. Pero afroran. É difícil falar ben dos de arriba mentres todo se está a fundir ao noso arredor.

Te puede interesar