Opinión

Apaiolado con Boom!

Logo de cear botei 20 minutos para acender o ordenador. Porque me apaiolei co programa Boom! A verdade é que me gustan os seus últimos minutos. Sempre me gustaron os programas que fan preguntas culturais. É certo que hai preguntas moi inocentes, pero tamén ten outras que... Estes días están concursando unhas mulleres (xa levan a tira e máis de semanas) que son unhas auténticas cracks. As preguntas abarcan todos os temas habidos e por haber, desde os máis sinxelos futboleiros e cinematográficos ata os máis complicados físicos e químicos. Digo estes porque a min nunca me caeron simpáticos. Pero aínda así, entretén e sempre se aprende un chisquiño.

Precisamente acabo de ver no feisbuq un vídeo que circula por aí sobre a Guerra Civil Española e os dous paspáns (dous mozos) que están de concursantes nin p... idea, e a pesar de que na segunda opción xa se sabía de que ía o asunto. Non é necesario ser moi sabidos, pero nin tanto nin tan pouco.

Te puede interesar