Opinión

Inicio de reinado e fin de ciclo

Todas as semanas os xornais amosan miles de noticias, as televisións botan centos de Telexornais e as radios unha morea de “partes”; pero de toda esa infinidade de novas sempre destacan ou sempre quedan para o recordo tan só dúas ou tres, como moito. Esta semana tocoulle a dúas: o inicio dun novo rei en España e a presunta fin dun ciclo futbolístico que marcou uns anos realmente impresionantes, inesquecibles. Non se deixou de escribir nin se deixou de falar doutra cousa (aínda hoxe se fala dos mesmo): o novo rei Felipe VI e a debacle no Mundial de Fútbol de Brasil da nosa selección española. Perdón, agora semella que xa non é tan nosa. Para que estrañarnos; sempre foi así… cando falla Nadal, está rebentado; cando falla Alonso, está acabado; cando estaba Induráin, tododeus vía o Tour, marchou o citado ciclista e xa somos un desastre nese deporte.

Ó que iamos; que a coronación… a coronación chegou a cansar, e iso que eu, por sorte, case nin oín nin vin nada dela, pois da tele apodéranse os rapaces e, recoñézoo, na radio do coche, tan axiña como empezaban a falar do impresionante evento, un servidor puña música con algunha banda sonora. Non obstante, a miña sentenza: demasiado fasto, demasiados gastos para un país que vive na miseria. E o da selección, víase vir, aínda que, tamén recoñezo, non imaxinaba que desa maneira tan cruel. Pero xa o dicían Os Modulos: todo ten a súa fin.

Te puede interesar